Seoane | |
---|---|
![]() Igrexa de Seoane. | |
![]() | |
Concello | Monforte de Lemos[1] |
Provincia | Lugo |
Coordenadas | 42°32′26″N 7°32′44″O / 42.54048, -7.54564 |
Poboación | 126 hab. (2017) |
Entidades de poboación | 13[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
San Salvador de Seoane é unha parroquia do concello de Monforte de Lemos na comarca de Terra de Lemos, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 153 habitantes, deles 73 eran homes e 80 eran mulleres.
Limita ao norte coas parroquias de Baamorto e O Chao do Fabeiro, ao leste con Ribas Altas, ao sur con Monforte de Lemos e A Vide, e ao oeste con Moreda e San Xillao de Tor.