![]() ![]() | |
Nome na lingua orixinal | (es) Serie A de Ecuador ![]() |
---|---|
Tipo | liga deportiva ![]() |
Deporte | fútbol ![]() |
Organizador | Federación Ecuatoriana de Fútbol (pt) ![]() ![]() |
Liga inferior | Ecuadorian Serie A (en) ![]() ![]() |
Número de participantes | 12 ![]() |
Localización e Datas | |
País | Ecuador ![]() |
Vixencia | 1957 – ![]() |
Calendario da tempada | febreiro – ![]() |
Período de ocorrencia | 1 ano ![]() |
Outro | |
Páxina web oficial | ligapro.ec ![]() |
A Primeira Categoría Serie A é o campionato nacional de fútbol profesional en Ecuador, organizado anualmente pola Federación Ecuatoriana de Fútbol dende 1957. O torneo consta de 12 equipos, que xogan dúas fases. A primeira fase dispútase no primeiro semestre do ano, e consta de 22 xornadas, é dicir, 2 voltas. A segunda fase dispútase no segundo semestre do ano, e consta doutras 22 xornadas. Ó remate das dúas fases, dispútase unha final entre os gañadores das dúas fases, para determinar cal é o campión do torneo. O actual campión é o Deportivo Quito, que acadou en 2011 o seu 5º título; mentres que os clubs máis laureados na historia da competición son o Barcelona SC e o CD El Nacional con 13 títulos, seguidos do CS Emelec e do LDU Quito con 10 títulos.
Os equipos ecuatorianos non tiveron moito éxito ó longo da historia da Copa Libertadores, a máxima competición continental en Suramérica. O Barcelona SC xogou dúas finais, nos anos 1990 e 1998, caendo en ámbalas dúas finais, fronte ó Club Olimpia e ó CR Vasco da Gama. Posteriormente, en 2008 o LDU Quito disputou a final fronte ó Fluminense FC, acadando nesa ocasión por vez primeira un equipo ecuatoriano o éxito continental.