Tipo | serra ![]() | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
División administrativa | Provincia de Lugo, España ![]() | |||
| ||||
Características | ||||
Altitude | 1,447 m ![]() | |||
Punto máis alto | pico Oribio ![]() | |||
Material usado | lutita ![]() | |||
A serra do Oribio é unha das serras orientais de Galiza. Esténdense en dirección E-SO por terras dos concellos de Samos e Triacastela. Está limitada ao norte polo val do río Sarria e ao sur polo río Lóuzara. A serra está conformada por pelitas.[Cómpre clarificar] Na vertente oeste nacen varios afluentes do río Sarria e na leste do Lóuzara.
Está incluída como espazo natural na zona especial de conservación dos Ancares-Courel.
O punto de maior elevación é o pico Oribio, con 1 447 metros sobre o nivel do mar.