Serratia marcescens | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() S. marcescens on an XLD agar plate. | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
'Serratia marcescens' Bizio 1823 |
Serratia marcescens é unha especie de bacterias gramnegativa, con forma de bacilo da familia Enterobacteriaceae, que é patóxena para os humanos e está implicada en infeccións nosocomiais (en hospitais), especialmente bacteremias asociadas ao uso de catéteres, infeccións do tracto urinario e infeccións de feridas.[1][2][3] Atópase normalmente nos tractos respiratorio e urinario de adultos hospitalizados e no tracto gastrointestinal de nenos.
Debido á súa presenza ubicua no medio ambiente, e a súa preferencia polos ambientes húmidos, S. marcescens é común nos cuartos de baño (especialmente nas unións entre os azulexos, esquinas das duchas, liñas de pingas de auga do inodoro e lavabo), onde se manifesta como unha coloración rosa e película viscosa na que se alimenta de materiais que conteñen fósforo e substancias graxas dos residuos de xabón e champú.
Unha vez establecida, a completa erradicación do organismo é a miúdo difícil, pero pode conseguirse coa aplicación de lixivia. Escorrer e secar as superficies despois de usalas pode tamén previr o establecemento da bacteria ao eliminar as súas fontes de alimentación e facer o seu ambiente menos hospitalario.
S. marcescens pode atoparse tamén en ambientes como o lixo, ou en sitios supostamente "estériles", e na biopelícula subxinxival dos dentes. Debido a isto, e ao feito de que S. marcescens produce un pigmento tripirrólico de cor vermella-laranxa chamado prodixiosina, pode causar manchas nos dentes. A vía bioquímica pola que se produce a prodixiosina non se coñece excepto as súas fases finais. Nestas fases, un monopirrol (MAD) e un bipirrol (MBC) sofren unha reacción de condensación encimática para finalmente formar a prodixiosina. A produción de prodixiosina está regulada por un produto do xene hexS. A produción de prodixiosina está regulada por cambios no medio de crecemento e cambios de temperatura.[4]
<ref>
non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome Medscape