Apache | |
---|---|
![]() | |
![]() Instalador de Apache HTTP Server 2.2.27 | |
Desenvolvedor(es) | Apache Software Foundation |
Última versión | 2.4.9 (17 de marzo de 2014) |
Repositorio | https://github.com/apache/httpd, https://svn.apache.org/viewvc/httpd/httpd/ |
Sistema operativo | Multiplataforma |
Tipo | Servidor web |
Licenza | Licenza Apache |
Sitio web | httpd.apache.org |
O Servidor HTTP Apache, denominado normalmente como Apache [əˈpætʃi], é un servidor web importante polo papel que xogou no crecemento inicial da web. Apache foi a primeira alternativa viable ao servidor web de Netscape Communications Corporation (coñecido actualmente como Sun Java System Web Server), e desde entón evolucionou competindo con outros servidores web en termos de funcionalidade e prestacións.
O nome do proxecto ten dúas posibles orixes[1]: en referencia ao pobo indíxena americano dos apaches[2] e pola orixe do proxecto como conxunto de parches sobre o servidor web NCSA HTTPd 1.3, que en inglés a patchy server soa como o nome do servidor web[3] aínda que esta última teoría é simplemente unha coincidencia[4].
Apache é desenvolvido e mantido por unha comunidade aberta de programadores baixo a coordinación da fundación denominada Apache Software Foundation. A aplicación está dispoñible para unha ampla variedade de sistemas operativos, entre eles Unix, FreeBSD, Linux, Solaris, Novell NetWare, Mac OS X, Microsoft Windows, OS/2, e eComStation. Baixo a Licenza Apache, Apache é software libre e software de código aberto.
Dende abril do 1996 Apache é o servidor web máis popular da web. Non obstante, dende novembro do 1995 sofre unha lixeira perda de cota de mercado. En abril do 2008 Apache servía o 50,42% de tódolos sitios web[5].