Servizo de intelixencia

Servizo de intelixencia, servizo secreto ou axencia de intelixencia é unha axencia pertencente a un goberno, que ten como función a obtención de información (intelixencia) relacionada con posíbeis ameazas á seguridade e integridade do Estado. Cando unha axencia obtén información secreta sobre un estado, país ou organización sen autorización do mesmo, a esa actividade chámaselle espionaxe. A maioría dos servizos de intelixencia usan diversos métodos espionaxe contando coa indulxencia dos seus respectivos gobernos. Todos os estados consideran como actividade criminal a espionaxe, mais por norma abstéñense de xulgar a súa propia espionaxe, cuxa práctica en principio non recoñecen nin comentan.

Alén de ocuparse da obtención de información, os servizos secretos tamén tentan evitar a acción de servizos de intelixencia estranxeiros no seu país, a chamada contraespionaxe.

As axencias de intelixencia poden proporcionar os seguintes servizos ós seus gobernos:

  • Proporcionar unha análise en áreas relevantes para a seguridade nacional.
  • Dar a alerta previa dunha crise inminente.
  • Xestionar crises nacionais ou internacionais axudando a diferenciar as intencións dos posíbeis opositores, actuais ou potenciais nun futuro.
  • Informar ás autoridades encargadas dos plans da defensa nacional e das operacións militares.
  • Protexer a información, tanto a das súas fontes e actividades coma as das outras axencias estatais.
  • É posíbel que actúen de forma encuberta para influír no desenlace de acontecementos en prol dos intereses nacionais.

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne