Shah Rukh Khan  |
|
Nacemento | 2 de novembro de 1965 (59 anos) Nova Deli, India  |
---|
|
Embaixador de boa vontade de UNICEF |
---|
2013 –  |
|
|
Outros nomes | Badshah of Bollywood King of Bollywood King Khan  |
---|
Residencia | Bombai  |
---|
Relixión | Islam  |
---|
Educación | National School of Drama Jamia Millia Islamia Universidade de Delhi  |
---|
|
Campo de traballo | Cine  |
---|
Ocupación | presentador de televisión, bailarín, actor de cinema, produtor de televisión, produtor de cinema, actor, guionista, actor de televisión  |
---|
Período de actividade | 1988 - |
---|
Instrumento | Voz  |
---|
|
Cónxuxe | Gauri Khan (1991–)  |
---|
Fillos | Aryan Khan, Suhana Khan, Abram Khan  |
---|
Pais | Taj Mohammed Khan e Lateef Fatima  |
---|
Irmáns | Shehnaz Lalarukh Khan  |
---|
|
- (2024) Premio Dadasaheb Phalke
- (2023) Time 100
- (2018) premio Crystal
- (1 de xullo de 2014)
Cabaleiro da Lexión de Honra - (2008) Premio Filmfare ao mellor actor, premiado polo traballo Chak De! India (en)
 - (2007)
oficial da Orde das Artes e as Letras - (2005) Premio Filmfare ao mellor actor, premiado polo traballo Swades (en)
 - (2005)
Premio Padma Shri de arte - (2003) Premio Filmfare ao mellor actor, premiado polo traballo Devdas
- (2001) Filmfare Critics Award for Best Actor (en)
, premiado polo traballo Mohabbatein - (1999) Premio Filmfare ao mellor actor, premiado polo traballo Kuch Kuch Hota Hai
- (1998) Premio Filmfare ao mellor actor, premiado polo traballo Dil To Pagal Hai (en)
 - (1996) Premio Filmfare ao mellor actor, premiado polo traballo Dilwale Dulhania Le Jayenge
- (1995) Filmfare Award for Best Performance in a Negative Role (en)
, premiado polo traballo Anjaam (en)  - (1995) Filmfare Critics Award for Best Actor (en)
, premiado polo traballo Kabhi Haan Kabhi Naa - (1994) Premio Filmfare ao mellor actor, premiado polo traballo Baazigar (en)
 - (1993) Filmfare Award for Best Male Debut (en)
, premiado polo traballo Deewana (en)  |
Sinatura  |
|
Descrito pola fonte | Obálky knih,  |
---|
 |
Shah Rukh Khan (en hindi: शाहरुख़ ख़ान; en urdú: شاہ رخ خان), nado como Shahrukh Khan en Nova Deli o 2 de novembro de 1965, tamén coñecido como SRK, é un actor, produtor e personalidade da televisión india. Coñecido polos medios de comunicación como o "Baadshah de Bollywood", "Rei de Bollywood" ou "Rei Khan", apareceu en máis de 80 filmes de Bollywood, gañou numerosos premios e galardóns, incluíndo 14 Premios Filmfare. Khan ten unha fama significativa en Asia e na diáspora india de todo o mundo. En termos de audiencia e recadación, foi descrito como unha das estrelas de cine máis exitosas do mundo.
Khan comezou a súa carreira con aparicións en numerosas series de televisión a finais da década de 1980. Fixo o seu debut nun filme de Bollywood en 1992 con Deewana. Ós comezos da súa carreira, Khan era recoñecido por interpretar papeis de malvados nos filmes Darr (1993), Baazigar (1993) e Anjaam (1994). Acadou a fama despois de protagonizar filmes romántico, como Dilwale Dulhania Le Jayenge (1995), Dil To Pagal Hai (1997), Kuch Kuch Hota Hai (1998), Mohabbatein (2000) e Kabhi Khushi Kabhie Gham... (2001). Despois, acadou o recoñecemento da crítica pola interpretación dun alcohólico en Devdas (2002), un científico da NASA en Swades (2004), un adestrador de hóckey en Chak De! India (2007) e un home con síndrome de Asperger en My Name Is Khan (2010). Os seus filmes máis exitosos son as comedias Chennai Express (2013) e Happy New Year (2014). Moitos dos seus filmes tocan temas sobre a identidade nacional india e as conexións coas comunidades da diáspora, ademais de temas de diferenzas raciais, sociais e relixiosas. Polas súas achegas ó mundo do cine, o Goberno da India honrouno co Padma Shri, e o Goberno de Francia coa Orde das Artes e as Letras e Lexión de Honra.