Shelta Gammon | ||
---|---|---|
Falado en: | Irlanda e diáspora irlandesa | |
Total de falantes: | Descoñecido, (estimacións de 90 000) | |
Familia: | Linguas Crioulas Crioulo de base inglesa e gaélica Shelta | |
Escrita: | Latina | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | --
| |
ISO 639-2: | --- | |
ISO 639-3: | sth
| |
Mapa | ||
Status | ||
O shelta é un idioma falado polos Travellers, sobre todo en Irlanda e tamén nalgunhas zonas de Gran Bretaña é tamén coñecido como o cant, os seus falantes nativos en Irlanda chámano Gammon e para a comunidade lingüística é Shelta. Aínda que esta característica frecuentemente se enfatiza de máis, adoitábase usar como un criptolecto para dificultar aos forasteiros a comprensión das conversas entre os “travellers. O número exacto de falantes nativos é difícil de calcular por mor das súas características sociolingüísticas pero Ethnologue calcula o número de falantes en Irlanda en 6.000 e en 86.000 en todo o mundo.
O shelta, en termos lingüísticos, é actualmente considerado como unha lingua crioula que foi conservada nunha comunidade de nómades en Irlanda e Escocia que inicialmente era maioritariamente de fala irlandesa e gaélica escocesa que foi evolucionando durante o período de expansión do bilingüismo e deu como resultado un idioma baseado fundamentalmente no hiberno-inglés e/ou no scots con forte influencia do irlandés e do gaélico escocés. Como hai varias modalidades de shelta que teñen diferentes graos de anglicización (véxase abaixo), é difícil de determinar a importancia do substrato irlandés/gaélico escocés, pero a Oxford Companion to the English Language situouna entre unhas 2.000-3.000 palabras.