![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde setembro de 2013.) |
Shin-chan | |
---|---|
![]() | |
クレヨンしんちゃん (Crayon Shin-chan) | |
Anime Shin-Chan | |
Dirixido por | Mitsuru Hongo (1992-1996) Keiichi Hara (1996-2004) Yuji Muto (2004-) |
Estudio | Shin'ei Doga |
Canle televisiva | ![]() ![]() |
Primeira emisión | 13 de abril de 1992 |
Última emisión | en emisión |
Núm. de capítulos | 1000+ (681 en galego) |
Manga Shin-Chan | |
Creado por | Yoshito Usui (臼井儀人) |
Editor | Weekly Manga Action Manga Town |
Publicado en | ![]() ![]() ![]() |
Primeira edición | Agosto de 1990 |
Última edición | 5 de febreiro de 2010 |
Núm. de volumes | 50 |
Manga Novo Shin-Chan | |
Creado por | UY Team |
Editor | Weekly Manga Action Manga Town |
Publicado en | ![]() |
Primeira edición | Agosto de 2010 |
Última edición | Presente |
Núm. de volumes | 7 |
Shin-chan[1] (en xaponés: クレヨンしんちゃん; Crayon Shin-chan) é un manga do debuxante Yoshito Usui e unha serie de animación sobre a vida dun neno de 5 anos extravertido, falangueiro, descarado e moi larpeiro. Malia que o protagonista sexa un cativo, segundo o seu autor, a serie non vai dirixida ó público infantil, senón pola contra a un xuvenil ou mesmo adulto. Non obstante, os nenos son os que máis gozan da serie, quizais polo tópico de que os debuxos son para nenos.
En Galiza, o anime estreouse o 30 de setembro do 2002 emitíndose na canle autonómica TVG dentro do espazo xuvenil Xabarín Club e acadando moito éxito. Porén, Shin-Chan deixou de se emitir no Xabarín Club ó recibir protestas dos pais de que a serie é un mal exemplo para os cativos das casas, polo que se optou por botala fóra dese horario para a botar máis á tardiña. A finais do 2005, tras emitir os primeiros 364 episodios, a TVG non volvería emitir máis capítulos da serie ata o ano 2016 na tvG2.