Shingeki no Kyojin | |
---|---|
![]() | |
Formato | Acción,[1] fantasía negra,[2] postapocalíptico[3][4] |
Desenvolvido por | Wit Studio Production I.G |
Dirixido por | Tetsurō Araki (tempada 1, en xefe) Masashi Koizuka (tempadas 2–) |
Tema de apertura | Hiroyuki Sawano |
País de orixe | ![]() |
Lingua(s) | Xaponés |
Temporadas | 4 |
Episodios | 87 + 8 OVAs (Lista de episodios) |
Produción | |
Produtor(es) executivo(s) | Tetsuya Kinoshita Kensuke Tateishi George Wada Toshihiro Maeda Shin Furukawa (tempada 1 Tomohito Nagase (tempada 1) Tetsuya Endō (tempadas 2–3 Yasuyuki Nishiya (tempada 2–) Soya Kiyota (tempada 3) |
Emisión orixinal | |
Canle de orixe | Tempadas 1–2: MBS Tempadass 3–4: NHK General TV |
Primeiro episodio | 7 de abril de 2013 |
Derradeiro episodio | presente |
Na rede | |
https://shingeki.tv | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Shingeki no Kyojin (進撃の巨人?) é unha serie anime xaponesa, unha adaptación do manga homónimo creado por Hajime Isayama. Está ambientado nun mundo onde a humanidade vive dentro de cidades arrodeadas por xigantescos muros por mor dos Titáns, enormes seres humanoides que devoran humanos sen unha razón aparente. A historia conta as aventuras de Eren Yeager e os seus amigos Mikasa Ackerman e Armin Arlert, cuxas vidas cambian para sempre despois de que un Titán Colosal rompe o muro da cidade onde viven. Xurando vingarse e querendo recuperar o mundo ocupado polos Titáns, Eren e os seus amigos únense á Unidade de Recoñecemento,[5] un grupo de soldados de elite que loita contra os Titáns.