Shinji Ikari シンジ 碇 | |
---|---|
Personaxe de Neon Genesis Evangelion | |
![]() Cosplay de Shinji Ikari. | |
Primeira aparición | "O ataque do Anxo" |
Creador(es) | Gainax Hideaki Anno Yoshiyuki Sadamoto |
Voz orixinal | Megumi Ogata |
Dobrador en Galicia | Nacho Castaño |
Información | |
Alcume | Terceiro neno |
Sexo | Masculino |
Nacemento | 6 de xuño de 2001 |
Familia | Gendo Ikari (pai) Yui Ikari (nai) Rei Ayanami (clon da nai) Misato Katsuragi (titora) |
Residencia | Toquio-3 |
Shinji Ikari (碇 シンジ Ikari Shinji?) é un personaxe de ficción da franquía Neon Genesis Evangelion creado por Gainax. É a personaxe principal da serie,[1] e é un rapaz adolescente que foi abandonado polo seu pai, Gendo, que despois lle pide que sexa o piloto dun mecha coñecido como Evangelion Unidade 01. O seu obxectivo é protexer a cidade de Tokyo-3 das criaturas coñecidas como Anxos, que ameazan con destruír a humanidade. Nick Verboon de Unreality Mag declarou que o "protagonista Shinji é un dos personaxes con máis matices, máis populares e fáciles de relacionar da historia do anime".[1]