Shoegazing

Shoegazing
e
Orixe musicalrock alternativo, dream pop, neopsicodelia, noise pop, post-punk, drone music, space rock
Orixe culturalmediados dos 80 no Reino Unido
Instrumentos típicosguitarra, voces, baixo, batería
Derivadosnu gaze
Xéneros de fusión
post-metalpost-rock

Shoegazing (tamén coñecido como shoegaze) é un subxénero do rock alternativo aparecido no Reino Unido e Irlanda a finais dos anos 80 entre os grupos de neopsicodelia.[1] Durou ata mediados dos anos 90, chegando ao seu cénit nos anos 1990 e 1991. A prensa musical británica, especialmente NME e Melody Maker, chamou a este estilo shoegazing debido a que os músicos destas bandas estaban relativamente tranquilos durante as actuacións, e nun estado introspectivo ("non-confrontational state"), de aí a idea de que estaban mirando os seus zapatos (en inglés shoe).[2][3] O excesivo uso de pedais de efectos tamén contribuíu á imaxe dos músicos mirando cara aos seus zapatos (shoegazing significa mirando os zapatos) durante os concertos.[4]

O son shoegazing caracterízase polo significativo uso de efectos e distorsión de guitarra, polas indistinguibles e escura melodías de voz que se mesturan e confunden con retroalimentación e un volume abafador.[2] My Bloody Valentine e o seu álbum Loveless de 1991 son amplamente considerados como os que definiron o xénero,[5][6] e na estilo tamén destacan bandas como Slowdive, Ride, Lush, Curve, Pale Saints, Swirlies, Chapterhouse, e Swervedriver.

Nos anos 90, os grupos de shoegazing foron deixados de lado polo movemento grunge estadounidense, forzando a bandas relativamente descoñecidas a separarse ou a reinventar o seu estilo. En tempos máis recentes houbo un renovado interese polo xénero entre as bandas de "nu-gaze", como The Joy Formidable, DIIV, The Depreciation Guild, The Radio Dept, Grey Zine, Whirr e Snow in Mexico.

  1. Reynolds, Simon (1991-12-01). "POP VIEW; 'Dream-Pop' Bands Define the Times in Britain". The New York Times (en inglés). ISSN 0362-4331. Consultado o 2025-02-10. 
  2. 2,0 2,1 "Explore: Shoegaze". AllMusic. 2011-02-17. Consultado o 2025-02-10. 
  3. Rogers, Jude (2007-07-27). "Diamond gazers". The Guardian (en inglés). ISSN 0261-3077. Consultado o 2025-02-10. 
  4. Cohen, Finn (2017-08-14). "Shoegaze, the Sound of Protest Shrouded in Guitar Fuzz, Returns". The New York Times (en inglés). ISSN 0362-4331. Consultado o 2025-02-10. 
  5. "The 50 Best Shoegaze Albums of All Time". Pitchfork (en inglés). 2016-10-24. Consultado o 2025-02-10. 
  6. Sanders, Shane (2024-06-20). "Shoegaze: The dreamlike guitar-driven genre defined by My Bloody Valentine and Ride". Gibson Gazette (en inglés). Consultado o 2025-02-10. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne