Show | ||||
---|---|---|---|---|
Álbum de directo de The Cure | ||||
Edición | 19 de outubro de 1993 | |||
Gravación | 1992 | |||
Xénero(s) | rock alternativo | |||
Selo(s) | Fiction | |||
Producido por | Robert Smith | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
Show é un álbum en directo da banda inglesa The Cure, editado o 19 de outubro de 1993 e gravado no Palace of Auburn Hills de Auburn Hills, Míchigan (un suburbio de Detroit) en 1992, durante a xira de promoción do álbum Wish. Show tamén foi lanzado como vídeo do concerto.
Este álbum foi lanzado xunto con Paris, que foi gravado en París. Show inclínase cara ao material máis pop e recente da banda como "Just Like Heaven", "Pictures of You" e "Friday I'm in Love" mentres que Paris amosa os seus temas máis clásicos.