Siamese Dream | ||||
---|---|---|---|---|
Álbum de The Smashing Pumpkins | ||||
Publicado | 27 de xullo de 1993 | |||
Gravación | decembro de 1992 - marzo de 1993 | |||
Estudio(s) | Triclops Sound Studios en Atlanta, Xeorxia | |||
Duración | 62:17 | |||
Xénero(s) | rock alternativo | |||
Selo(s) | Virgin | |||
Produtor | Butch Vig e Billy Corgan | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
Na rede | ||||
[ editar datos en Wikidata ] | ||||
Siamese Dream é o segundo traballo de estudio da banda de rock alternativo estadounidense The Smashing Pumpkins. Foi editado o 27 de xullo de 1993 a través do selo Virgin Records. Rumoréase que debido aos conflitos internos da banda, Billy Corgan tocou todas as partes de guitarra e baixo durante a súa gravación, algo que a banda nega. En maio de 2005 Siamese Dream levaba vendidas 4,6 millóns de copias.
Siamese Dream foi o traballo que fixo que The Smashing Pumpkins irrompese na escena internacional do rock alternativo, pasando a ser a partir de entón unha das principais bandas deste xénero durante os aos 90. En novembro do 2003 a revista Rolling Stone situouno no número 360 (362 na súa revisión do ano 2012) na súa lista dos "500 mellores álbums de todos os tempos"[1]; e en febreiro do 2011 foi elixido polos lectores da mesma revista como o sexto mellor álbum dos anos 90.[2]
Do álbum sacráronse catro sinxelos "Cherub Rock", "Today", "Disarm" e "Rocket", sendo os catro temas compostos polo líder do grupo, Billy Corgan.