Sicambres

Os sicambres foron unha tribo xermánica occidental, que viviron na marxe dereita do río Rin entre os ríos Ruhr e Sieg, na rexión que actualmente forma parte do estado alemán de Renania do Norte-Westfalia (Nordrhein-Westfalen). O río Sieg, así como a cidade de Siegen, reciben ese nome por causa desa tribo. Tamén reciben os nomes de Sicambri, Sicambres, Sigambrer, Sugumbrer, Sugambri.


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne