Siege | |
---|---|
![]() Siege en concerto en 1984 | |
Orixe | Weymouth, Massachusetts, Estados Unidos ![]() |
Período | 1983 - 1985 1991 - 1992 |
Xénero(s) | Grindcore Power Violence Thrashcore Hardcore punk |
Selo(s) discográfico(s) | Deranged, Deep Six, Relapse |
Antigos membros | Kevin Mahoney Kurt Habelt Hank McNamee Rob Williams Seth Putnam |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Siege foi unha banda de grindcore/trashcore estadounidense que existiu entre os períodos de 1983 a 1985 e de 1991 a 1992. Inicialmente foi das primeiras bandas de hardcore punk da época, cunha sonoridade máis rápida e máis dura que as demais bandas do xénero, sendo clasificada máis tarde como thrashcore, co que serviron de influencia para bandas do escenario grindcore, e que máis tarde desenvolverían paralelamente o metal extremo. Aínda que a banda foi pouco coñecida durante a súa curta existencia, o certo e que bandas como Napalm Death citaron ao grupo como unha das súas influencias e até mesmo a banda Dropdead púxose ese nome como honra ao primeiro traballo que Siege lanzou.