Signal Communication Orbit Relay Experiment / SCORE | |
---|---|
Tipo | Comunicacións / tecnolóxico |
Organización | USAF |
Data de lanzamento | 18 de decembro de 1958[1][2] |
Foguete portador | Atlas B[2][3] |
Sitio de lanzamento | Centro Espacial de Cabo Cañaveral, LC-11[2][4] |
Obxectivo da misión | Proba de técnicas de comunicación mediante satélite.[2][4] |
Decaemento | 21 de xaneiro de 1959[1] |
NSSDC ID | 1958-006A |
Masa | 70,0 kg[2][3][4] |
Signal Communication Orbit Relay Experiment, tamén coñecido polo seu acrónimo SCORE, foi un satélite artificial da Forza Aérea dos Estados Unidos lanzado en segredo o 18 de decembro de 1958 mediante un foguete Atlas B desde o Centro Espacial de Cabo Cañaveral, en Florida. Só unha parte do equipo de lanzamento sabía que non se trataba dunha proba misilística senón da posta en órbita dun satélite.[2][3]