Sikorsky S-70 | |
---|---|
![]() | |
Tipo | helicóptero de transporte medio/utilitario |
Fabricante | Sikorsky Aircraft Turkish Aerospace Industries (baixo licenza) |
Primeiro voo | outubro de 1974 |
Introducido | 1979 |
Estado | en servizo |
Produción | anos 70 - presente |
Variantes | Sikorsky UH-60 Black Hawk Sikorsky SH-60 Seahawk Sikorsky HH-60 Pave Hawk Sikorsky HH-60 Jayhawk Mitsubishi H-60 |
O Sikorsky S-70 é unha familia de helicópteros medios de transporte e utilitarios estadounidenses fabricados por Sikorsky Aircraft. Desenvolveuse para o exército dos Estados Unidos nos anos 70, gañando unha competición para ser designado o UH-60 Black Hawk e creando unha gran familia para as forzas armadas do país. Dende entón desenvolvéronse versións novas e melloradas do UH-60. Versións civís e algunhas militares continúan fabricándose baixo algunhas designación do modelo S-70.