Simplicissimus

Simplicissimus
PaísAlemaña
Lingualingua alemá
Fundación4 de abril de 1896
FundadorAlbert Langen
Circulación
ISSN0583-323X
editar datos en Wikidata ]
Ilustración: O orgulloso español: "A nosa nova raíña cambia de crenzas como quen cambia de camisa. Eu, nin cambio de crenza nin de camisa", Rudolf Wilke, 1906.

Simplicissimus foi unha revista semanal satírica escrita en alemán fundada por Albert Langen en abril de 1896 e publicouse até 1967, cunha paréntese de 1944 a 1954. A revista, a partir de 1964, publicouse quincenalmente.[1]

A revista, cuxo nome estaría inspirado na novela do século XVII Der abenteuerliche Simplicissimus (O aventureiro Simplicíssimus), combinaba un contido descarado e politicamente atrevido cun estilo gráfico sorprendentemente inmediato. As portadas estaban deseñadas polo debuxante Thomas Theodor Heine, e publicou artigos de escritores como Thomas Mann e Rainer Maria Rilke. Os seus obxectivos máis caricaturizados foron as anquilosadas figuras militares de Prusia, a ríxida clase social alemá e as diferenzas de clase vistas desde o ambiente máis relaxado e liberal de Múnic.

  1. "Harvard University Library Catalog, Hollis number 006013229". 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne