Sir Heitor

"Sir Kay amosa a espada máxica ao seu pai, Heitor". Ilustración de Howard Pyle para The Story of King Arthur and His Knights (1903).

Sir Heitor[1] (tamén chamado Ector, Antor ou Ectorius) é un personaxe das historias do rei Artur e os cabaleiros da Mesa Redonda de Camelot. Sir Heitor é o pai de Sir Kay, e padrasto de Artur. Ás veces menciónase como un rei e non só como un Señor, e ten propiedades en Londres e na provincia. T. H. White menciona que as súas terras están no Bosque Salvaxe, o cal foi retomado por autores posteriores.

Heitor aparece na obra de Robert de Boron, e tamén no ciclo Lancelot-Graal e obras posteriores, incluíndo A morte de Artur. Nestas versións da lenda, Heitor recibe a Artur cando este acaba de nacer, de mans de Merlín, quen non lle revela a identidade do infante. Heitor cría a Artur xunto a Kay, o seu fillo biolóxico.

  1. "Guía de nomes galegos". Real Academia Galega. Consultado o 2024-12-18. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne