Sleigh Bells | |
---|---|
Orixe | Brooklyn, Nova York, |
Período | 2008 - presente |
Xénero(s) | noise rock, noise pop |
Selo(s) discográfico(s) | Mom + Pop Music, N.E.E.T. Recordings, Torn Clean |
Membros | Alexis Krauss Derek E. Miller |
Artistas relacionados | Poison the Well, RubyBlue |
Na rede | |
tornclean.com | |
Sleigh Bells é un dúo estadounidense de noise rock baseado en Brooklyn, Nova York, formado en 2008. O dúo consiste na vocalista Alexis Krauss e no guitarrista Derek Edward Miller. Despois de fichar por N.E.E.T. Recordings e Mom + Pop Music, Sleigh Bells publicou o seu álbum de estrea, Treats, en maio de 2010. O seu segundo traballo, Reign of Terror, foi editado en febreiro de 2012. No mes de outubro de 2013 a banda lanzou o seu terceiro disco, Bitter Rivals, e o cuarto, Jessica Rabbit, apareceu en novembro de 2016.