Slipknot | |
---|---|
Actuación no Graspop metal meeting (2011) | |
Orixe | Des Moines (Iowa), Estados Unidos |
Período | Dende 1995 |
Xénero(s) | Nu metal,[1][2] metal alternativo[3][4] |
Selo(s) discográfico(s) | Roadrunner |
Membros | Corey Taylor Mick Thomson Jim Root Craig Jones Sid Wilson Shawn Crahan Chris Fehn |
Antigos membros | Anders Colsefni Donnie Steele Josh Brainard Paul Gray Greg Welts Brandon Darner Joey Jordison |
Artistas relacionados | Stone Sour, Murderdolls, To My Surprise, Scar the Martyr, Roadrunner United |
Na rede | |
http://www.slipknot1.com/ | |
Slipknot é un grupo estadounidense de heavy metal formado en 1995 en Des Moines (Iowa). As influencias do grupo inclúen entre outros xéneros o death metal, o thrash metal e o heavy metal, aínda que adoitan ser catalogados dentro do metal alternativo e o nu metal.[5][6][7][8] O percusionista Shawn Crahan e o batería Joey Jordison fundaron o grupo en setembro de 1995, e tras varios cambios de membros nos seus primeiros anos, o grupo estivo composto de nove membros durante máis dunha década: Corey Taylor, Mick Thomson, Jim Root, Paul Gray, Craig Jones, Sid Wilson, Shawn Crahan, Chris Fehn e Joey Jordison. Gray faleceu o 24 de maio de 2010, sendo substituído ata 2014 por Donnie Steele. Jordison deixou o grupo o 12 de decembro de 2013. Steele saíu do grupo durante a gravación de .5: The Gray Chapter, e o grupo pasou a realizar unha xira cos músicos Alessandro Venturella no baixo e Jay Weinberg na batería.
O grupo destaca pola súa imaxe particular, o seu estilo agresivo de música e as súas caóticas e enerxéticas actuacións en directo.[9][10] Publicaron cinco álbums de estudio: Slipknot (1999), Iowa (2001), Vol. 3: (The Subliminal Verses) (2004), All Hope Is Gone (2008) que debutou na posición número 1 na lista Billboard 200, e .5: The Gray Chapter (2014). No seu conxunto, Slipknot leva vendidos máis de 20 millóns de discos en todo o mundo,[11] acadando varias certificacións de platino e ouro nos seus álbums. No 2006 gañaron o Grammy á mellor actuación de metal polo sinxelo "Before I Forget".[12] O grupo publicou tamén un álbum de directo titulado 9.0: Live, un recompilatorio titulado Antennas to Hell, e catro DVD de directo.
<ref>
non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome numetalStylus
<ref>
non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome ws-post1
<ref>
non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome RRnew
<ref>
non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome Larkin
<ref>
non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome Grammy