Sliver: The Best of the Box | ||||
---|---|---|---|---|
Recompliación de Nirvana | ||||
Edición | 1 de novembro do 2005 | |||
Gravación | 1985 - 1994 | |||
Duración | 74:34 | |||
Xénero(s) | grunge, rock alternativo | |||
Selo(s) | DGC Records | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
Sliver: The Best of the Box é un álbum recompilatorio da banda estadounidense de grunge Nirvana, editado o 1 de novembro do 2005 a través do selo DGC Records. Trátase do quinto álbum da banda editado tras a morte de Kurt Cobain en 1994. Estreouse no número 21 da lista Billboard 200 e no ano 2007 o álbum levaba vendidas ao redor das 300.000 copias só nos Estados Unidos.
O disco contén 19 temas collidos do seu box set do 2004 With the Lights Out, ademais de tres gravacións non editadas anteriormente: "Spank Thru" da demo de 1985 "Fecal Matter"; unha gravación de estudio de 1990 de "Sappy", e unha gravación demo de 1991 de "Come as You Are".