Small Faces | |
---|---|
A banda en 1968 | |
Orixe | Londres, Inglaterra |
Período | 1965 - 1969 1975 - 1978 |
Xénero(s) | rock, R&B, beat, música psicodélica |
Selo(s) discográfico(s) | Decca, RCA Victor, Immediate, Atlantic |
Membros | Kenney Jones Ronnie Lane Steve Marriott Jimmy Winston Ian McLagan Rick Wills Jimmy McCulloch |
Na rede | |
thesmallfaces.com | |
Small Faces foi unha banda inglesa de rock fundada en 1965 en East London e fortemente influenciada polo rhythm and blues estadounidense. Orixinalmente o grupo estaba formado por Steve Marriott, Ronnie Lane, Kenney Jones e Jimmy Winston, substituíndo Ian McLagan a Winston como teclista en 1966.[1] A banda foi un dos grupos mod máis aclamados e influíntes dos anos 60,[2][3] gravando exitosas cancións como "Itchycoo Park", "Lazy Sunday", "All or Nothing" e "Tin Soldier", así como o seu disco conceptual Ogdens' Nut Gone Flake. Small Faces converteuse nunha das bandas psicodélicas máis exitosas do Reino Unido antes de separarse en 1969.[4][5]
Cando Marriott marchou para formar Humble Pie, os outros tres membros colaboraron con Ronnie Wood, o seu irmáns maior Art Wood, Rod Stewart e Kim Gardner, continuando brevemente co nome Quiet Melon, e posteriormente, tras a marcha de Art Wood e Gardner, como Faces.[6][7] En América do Norte, o disco de estrea de Faces foi acreditado a Small Faces.
Tras a ruptura de Faces e Humble Pie en 1975, reformouse a formación clásica de Small Faces (formada por Marriott, Lane, McLagan e Jones) despois de que unha reedición de "Itchycoo Park" se convertese nun éxito.[8] Lane marchou pouco despois, e foi substituído por Rick Wills (posteriormente en Foreigner). Esta formación (bautizada como Mk-II por Marriott)[9] gravou o álbum Playmates antes de recrutar a Jimmy McCulloch. Este quinteto publicou só 78 in the Shade antes de separarse.
Small Faces é considerada unha das primeiras inspiracións do posterior movemento Britpop.[10] Foron incluídos no Rock and Roll Hall of Fame en 2012.