Smash Mouth | |
---|---|
![]() A banda en 2011 | |
Orixe | San Jose, California, ![]() |
Período | 1994 - presente |
Xénero(s) | rock alternativo, power pop, pop rock, ska punk |
Selo(s) discográfico(s) | Interscope, UMG, 429, Beautiful Bomb, Oglio |
Membros | Paul De Lisle Michael Klooster Randy Cooke Sean Hurwitz Zach Goode |
Antigos membros | Steve Harwell Kevin Coleman Greg Camp Michael Urbano Mitch Marine Jason Sutter Leroy Miller Charlie Paxson Mike Krompass Sam Eigen |
Na rede | |
smashmouth.com | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Smash Mouth é unha banda estadounidense de rock de San Jose, California. O grupo formouse en 1994[1] e inicialmente estaba composto por Steve Harwell (voces), Kevin Coleman (batería), Greg Camp (guitarra), e Paul De Lisle (baixo). Coa marcha de Harwell en 2021, De Lisle quedou como único membro orixinal. Smash Mouth é coñecida polos seus temas "Walkin' on the Sun" (1997), "All Star" (1999),[2] e "Then The Morning Comes" (1999), así como pola súa versión da canción de The Monkees "I'm a Believer" (2001).
A banda adoptou estilos retro abarcando varias décadas de música popular. Tamén interpretaron numerosas versións de canciones populares, como "Why Can't We Be Friends?" de War, “Never Gonna Give You Up” de Rick Astley, "Don't You (Forget About Me)" de Simple Minds, "Can't Get Enough of You Baby" de ? and the Mysterians, "Getting Better" de The Beatles, "Under Pressure" de Queen, "Jump Around" de House of Pain, e "I Wan'na Be Like You" de The Jungle Book. Tamén compuxeron dúas cancións para o filme surcoreano de animación Pororo, The Racing Adventure: "Beside Myself" e "Everything Just Crazy".