Smertrios ou Smertrius era un deus da guerra na Galia céltica e en Nórico.[1] No Imperio Romano foi comparado co deus Marte. O seu nome posúe a mesma raíz ca a da deusa Rosmerta e puido significar O provedor, máis ca un nome propio.
Posiblemente foi a deidade tutelar do pobo Smertae, deus da abundancia e a fecundidade, segundo a única mención histórica do xeógrafo Claudio Tolomeo.[2]
Represéntaselle coma un home musculado e barbudo enfrontado a unha serpe.