Snyder's of Hanover

Un supermercado amosando o surtido de Snyder's pretzels, incluíndo (ollando de arriba para abaixo) Butter Snaps (un biscoito de manteiga de forma de pretzel rectangular), Pretzel Snaps, Rod pretzels, pretzel "Homestyle" (estilo caseiro), e Sticks de mel e trigo.

Snyder's of Hanover é unha empresa de distribución de produtos de panadaría e de aperitivos localizada na cidade Hanover, Pensilvania, e especializada en facer pretzels.

Fundada por Harry V. Warehime no ano 1909, Snyder's of Hanover ten uns ingresos anuais duns 652 millóns de dólares americanos.

Os seus produtos son vendidos ao longo dos Estados Unidos de América, Canadá, nalgúns países de Europa, Asia e no Medio Oriente.[1]

Synder's of Hanover ofrece ao consumidor 25 variedades dos tradicionais pretzels como por exemplo a variedade de pretzel sándwichs, os pretzels cubertos chocolate e os pretzels orgánicos e sen glute. Tamén ofrece ao consumidor patacas fritas e outras variedades de petiscos.[2]

  1. "Snyder's web FAQ.". Arquivado dende o orixinal o 21 de setembro de 2010. Consultado o 29 de marzo de 2015. 
  2. "Snyder's product list.". Arquivado dende o orixinal o 03 de xullo de 2011. Consultado o 29 de marzo de 2015. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne