Sociedad Deportiva Teucro

S.D. Teucro
Nome completoSociedad Deportiva Teucro
CidadePontevedra, Galicia Galicia
Historia1945-Actualidade
Fundado4 de maio de 1945
PavillónMunicipal dos Deportes (4.000 espectadores)
PresidenteGalicia José Ameijeiras
AdestradorGalicia Irene VIlaboa
CompeticiónPrimeira Nacional
Cores          Azul e branco
Na rede
https://teucro.es/
Team colours
Team colours
Team colours
Team colours
Local
Team colours
Team colours
Team colours
Team colours
Visitante
Sitio web
Sitio web oficial

A Sociedad Deportiva Teucro é un equipo de balonmán de Pontevedra. Compite na Primeira Nacional, terceira categoría do balonmán español. Xoga os seus partidos como local no Pavillón Municipal dos Deportes, un pavillón con capacidade para 4 000 persoas.

Fundado en 1945, e o decano do balonmán galego e vicedecano do balonmán español por detrás do BM Granollers. Ao longo da súa historia o equipo pontevedrés xogou 18 tempadas na Liga ASOBAL, a máxima categoría do balonmán español, onde finalizou na cuarta posición na tempada 1994-95, conseguindo así unha praza na Copa EHF, daquela terceira competición europea en importancia. O Teucro, que se converteu no primeiro equipo da cidade en disputar unha competición europea, acabou caendo fronte o Elektromos Budapest polo valor dobre dos gole en campo contrario na que foi a súa única participación europea. O equipo foi tamén semifinalista da Copa do Rei nas tempadas 1992-93 e 2003-04.


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne