![]() | Suxeriuse que "Grupo Ornitolóxico Galego" sexa fusionado con este artigo ou apartado (conversa). Para realizar a fusión dos artigos sigue estes pasos. |
Sociedade Galega de Historia Natural | |
---|---|
Tipo | sociedade científica |
Data de fundación | 1976 |
Sede | Santiago de Compostela |
País | Galicia |
Na rede | |
https://www.sghn.org | |
![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN) é unha asociación científica e cultural galega adicada ao estudo, divulgación, conservación e defensa do medio natural.[1][2] A SGHN ten a súa sede en Santiago de Compostela e conta con delegacións en varias localidades galegas.[1] Constituíuse en 1976 grazas ao movemento de persoas ligadas ao Grupo Ornitolóxico Galego que se fundara en 1973.[2] Conta cun museo en Ferrol, actualmente nun edificio militar cedido ao concello, que conta con exposicións de interese biolóxico e xeolóxico.[1]