Unha sociedade erudita (tamén coñecida como academia erudita ou asociación académica) é unha organización que existe para promover unha disciplina académica, unha profesión ou un grupo de disciplinas relacionadas como as artes.[1] A afiliación pode ser aberta a todos, pode requirir posesión dalgunha cualificación ou pode ser unha honra conferida por elección.[2]
Moitas das sociedades eruditas son organizacións sen ánimo de lucro, e moitos son asociacións profesionais. As súas actividades tipicamente inclúen conferencias regulares para a presentación e discusión de novos resultados de investigación e publicación de revistas académicas patrocinadoras na súa disciplina. Algúns tamén actúan colexios profesionais, regulando as actividades dos seus membros no interese público ou no interese colectivo da afiliación.