Soft Machine | |
---|---|
![]() A banda en 2018 | |
Orixe | Canterbury, ![]() |
Período | 1966 - 1978 1980 - 1981 1984 2015 - presente |
Xénero(s) | rock progresivo, rock experimental, rock psicodélico, jazz |
Selo(s) discográfico(s) | ABC Probe, Columbia, Harvest, EMI, Major League Productions (MLP) |
Membros | John Marshall Fred Thelonious Baker John Etheridge Theo Travis |
Na rede | |
softmachine.org | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Soft Machine é unha banda inglesa de rock formada a mediados de 1966 en Canterbury por Robert Wyatt (batería, voces, 1966-1971), Kevin Ayers (baixo, guitarra, voces, 1966-1968), Daevid Allen (guitarra, 1966-1967), Mike Ratledge (órgano, 1966-1976) e Larry Nowlin (guitarra, 1966). Como un grupo fundamental na escena de Canterbury, a banda converteuse nun dos primeiros artistas británicos de música psicodélica, movéndose postariormente cara ao rock progresivo e o jazz fusion.[1] Polas súas cambiantes formacións pasaron músicos como Hugh Hopper (baixo, 1968-1973), Elton Dean (saxofón, 1969-1972),[2] e Andy Summers (guitarra, 1968), e no presente a banda está composta por John Marshall (batería), Fred Thelonious Baker (baixo), John Etheridge (guitarra), e Theo Travis (saxofón, frautas, teclados).
Aínda que conseguiron pouco éxito comercial, Soft Machine son considerados polos críticos moi influíntes na música rock.[3][4][5] Dave Lynch de AllMusic chamouna "unha das bandas máis influíntes da súa época, e sen dúbida un dos grupos underground máis influíntes".[1] O grupo foi bautizado así pola novela The Soft Machine de William S. Burroughs.