Sol, Madrid

Modelo:Xeografía políticaSol, Madrid
Imaxe

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 40°25′00″N 3°42′14″O / 40.4167, -3.7039
EstadoEspaña
Comunidade autónomaComunidade de Madrid
ConcelloMadrid
DistritoCentro Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación7.222 (2018) Editar o valor en Wikidata (16.224,55 hab./km²)
Xeografía
Superficie0,445128 km² Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con

BNE: XX5611259

Sol é un dos seis barrios que conforman o distrito Centro da cidade de Madrid (España). Comprende a Porta do Sol, onde se atopan a sede do Goberno da Comunidade de Madrid e o quilómetro cero das seis estradas radiais de España. Ocupa o último posto de poboación do distrito con 7422 habitantes e unha densidade de 16.868 hab./km².

Está situado xusto no centro do distrito, limitado ao norte por Universidad, ao nordeste por Justicia, ao leste por Cortes, ao sur por Embajadores, e ao oeste por Palacio.

En canto a rúas, desde o norte e no sentido das agullas do reloxo, está limitado pola de Jacometrezo, praza do Callao, Gran Vía, Caravel, Virxe dos Perigos, Sevilla, praza de Canalejas, Cruz, praza de Jacinto Benavente, Concepción Jerónima, praza de Porta Cerrada, Cuchilleros, Fuentes, Arenal, Costanilla dos Ángeles e a praza de Santo Domingo.

A Porta do Sol está a 2,23 km da ribeira do río Manzanares e a 12,39 km do aeroporto de Madrid-Barajas. Está situada nunha chaira situada a 650 m sobre o nivel do mar.


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne