![]() ![]() | |
Nome orixinal | (km) ម៉ម សុម៉ាលី ![]() |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | c. 1970 ![]() Mondul Kiri, Camboxa (pt) ![]() ![]() |
Actividade | |
Campo de traballo | Escritor ![]() |
Ocupación | escritora, Activista polos dereitos humanos ![]() |
Descrito pola fonte | Obálky knih, ![]() ![]() |
![]() ![]() ![]() |
Somaly Mam (en khmer: ម៉ម សុម៉ាលី, /mɑːm sɔmaliː/), nada na provincia de Mondulkiri en 1970 ou 1971, é unha activista camboxana en favor dos dereitos humanos, especialmente das mulleres e que se dedicou a combater o tráfico humano.[1] Entre 1996 e 2014, Mam involucrouse en campañas contra o tráfico sexual e creou a Fundación Somaly Mam para recoller fondos en beneficio de nenas e mulleres vítimas do tráfico, o que a levou a aparecer en programas de televisión de varios países e a ser convidada a eventos internacionais.
Entre 2012 e 2013 o xornal camboxano en inglés The Cambodia Daily e en maio de 2014 Newsweek, presentaron informacióna en que denunciaban que as historias presentadas por Mam sobre que ela mesma fora vítima de tráfico sexual durante a súa nenez eran fabricadas. As alegacións fixeron que os directivos da súa propia Fundación iniciasen unha investigación ao contratar a Goodwin Procter, unha firma de avogados de Boston, para corroborar todos os datos que foran a principal inspiración de Mam na súa loita, así como o caso de varias das súas protexidas, que se presentaron como mulleres rescatadas da escravitude sexual. Os resultados de devandita investigación fixeron que Mam renunciase de xeito inmediato e que a Fundación fose clausurada en outubro de 2014.[2][3][4] Dende entón continuou coas súas campañas para recoller fondos para axudar as vítimas do tráfico humano e nega que as súas historias fosen inventadas. Pola súa parte, a revista Marie Claire presentou a súa propia investigación contradicindo as versións de The Cambodia Daily e Newsweek.[5]