![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1996 ![]() Afganistán ![]() |
Residencia | Estados Unidos de América ![]() |
Educación | Wasatch Academy Bard College ![]() |
Actividade | |
Ocupación | rapeira, activista polos dereitos das mulleres, compositora ![]() |
Influencias | |
Instrumento | Voz ![]() |
Premios | |
| |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Sonita Alizadeh (en dari: سونیتا علیزاده), nada en Herat o 11 de novembro de 1996,[1] é unha rapeira e activista afgá que se pronunciou contra os matrimonios forzados. Alizadeh chamou a atención por primeira vez cando lanzou "Brides for Sale", un vídeo en que rapeaba sobre as fillas que as súas familias venden para casar. Coa axuda de Rokhsareh Ghaem Maghami, unha documentalista iraniana que durante tres anos documentou a súa historia no filme Sonita, Alizadeh filmou o vídeo para escapar dun matrimonio que planeaban os seus pais para ela, a pesar de que era ilegal que as mulleres cantasen en solitario en Irán, onde vivía naquel momento.[2] Despois de publicar o vídeo en YouTube, Strongheart Group contactou con Alizadeh e ofreceulle un visado de estudante e axuda económica para que fose estudar aos Estados Unidos, onde se mudou e reside desde entón.[3] En 2015, foi incluída na listaxe das 100 mulleres da BBC.[4]