Unha sorgin (en plural sorginak), é unha figura da mitoloxía vasca, e son as asistentes da deusa Mari na súa loita por facer pagar as mentiras. As "sorginak" se reúnense as noites dos venres nos "akelarres". Como personaxes históricos, as "sorginak" reuníanse para celebrar rituais máxico-eróticos, que pasaron á historia por mor da cruel persecución coa que a Inquisición cristiá someteu ós seus participantes.