Un sorriso é unha expresión facial formada polos músculos flexibles a ámbolos lados e arredor da boca.[1] Algúns sorrisos tamén contraen os músculos no recanto dos ollos (tamén coñecido como sorriso 'Duchenne'). Entre os seres humanos, é unha expresión que representa pracer, sociabilidade e felicidade. Non debe ser confundida con outra expresión semellante, mais involuntaria, que denota ansiedade. O sorriso é entendido do mesmo xeito por tódalas persoas, sen importar a cultura, a etnia ou relixión.[2] Un sorriso pode ser espontáneo ou artificial.