Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde marzo de 2016.) |
Soundgarden | |
---|---|
Ao vivo en Chicago no 2010 | |
Orixe | Seattle, Washington, Estados Unidos |
Período | 1984-1997 2010-2019 |
Xénero(s) | grunge, rock alternativo, metal alternativo |
Selo(s) discográfico(s) | SST, A&M, Sub Pop |
Membros | Chris Cornell Kim Thayil Ben Shepherd Matt Cameron |
Antigos membros | Hiro Yamamoto Jason Everman Scott Sundquist |
Artistas relacionados | Audioslave, Hater, Pearl Jam, Temple of the Dog, Wellwater Conspiracy |
Na rede | |
soundgardenworld.com | |
Soundgarden foi unha banda de grunge estadounidense procedente de Seattle e formada en 1984 que axudou a definir o xénero. Trátase dunha das catro grandes bandas de grunge de Seattle, xunto con Nirvana, Alice in Chains e Pearl Jam. Foi creada polo vocalista e guitarrista Chris Cornell, o guitarrista Kim Thayil e o baixista Hiro Yamamoto. Matt Cameron converteuse no batería permanente en 1986 e Ben Shepherd ubstituiría a Yamamoto en 1990. O grupo separaríase en 1997, pero o 1 de xaneiro de 2010 anunciouse que Soundgarden volvería a reunirse[1]. Tras a morte de Cornell en 2017 Thayil converteuse no derradeiro membro orixinal.