"Sour Girl" é unha canción da banda estadounidense de rock alternativo Stone Temple Pilots, editada como sinxelo do seu álbum No. 4 no ano 2000. O tema foi composto polo vocalista Scott Weiland e o guitarrista Dean DeLeo e tamén aparece no álbums recompilatorios Thank You e Buy This. "Sour Girl" entru na lista Billboard Hot 100 acadando o posto 78 e foi un dos maiores éxitos de Stone Temple Pilots dende os seus dous primeiros traballos, Core e Purple. Billboard colocou a "Sour Girl" no número 88 da súa lista das 100 mellores cancións de rock dos anos 2000.