Space Coast

Modelo:Xeografía políticaSpace Coast

Localización

Space Coast circundando Merritt Island, vista desde a Estación Espacial Internacional.

Space Coast é unha rexión vernácula no estado de Florida ao redor do Centro Espacial John F. Kennedy (no acrónimo en inglés, KSC) e da Estación da Forza Aérea de Cabo Cañaveral. Todos os lanzamentos de voos espaciais tripulados da NASA (empezando polo Proxecto Mercury en 1961 ata o fin do programa transbordadores espacias en 2011) partiron ou ben do KSC ou ben de Cabo Cañaveral. Na Estación da Forza Aérea tiveron tamén lugar lanzamentos de foguetes espaciais militares e civís non tripulados. A área inclúe as cidades de Titusville, Cocoa, Rockledge, Cabo Cañaveral, Merritt Island (non incorporada), Cocoa Beach, Melbourne, Indialantic e Palm Bay. A maior parte da área sitúase dentro dos límites do Condado de Brevard. Limita ao sur coa Treasure Coast; ao oeste e o norte con Florida Central (rexión á que está ligada economicamente); e ao leste co océano Atlántico.


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne