Spanglish

Cartel publicitario en España no que aparece a expresión «baidefeis» en substitución da palabra castelá «gratis». Vén sendo unha invención da expresión en castelán «Por la cara» («By the face»), escrita foneticamente.

O spanglish ou espanglish é unha fusión morfosintáctica e semántica do castelán co inglés. É un fenómeno lingüístico similar ao llanito falado en Xibraltar. Decote é confundido co uso de anglicismos en castelán. Non obstante, para os angloparlantes estadounidenses, especialmente nas zonas cunha gran poboación «hispana», a denominación «spanglish» é dada ou ao uso de palabras en lingua castelán morfoloxicamente «anglificadas».


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne