Speedway

Pilotos finlandeses nunha carreira da Extraliga.

O speedway é un deporte motociclista no que 4 ou 6 pilotos corren carreiras de 4 voltas en sentido contrario ao reloxo arredor dun óvalo. As motos de speedway utilizan unha soa engrenaxe e non teñen freos. As carreiras dispútanse en óvalos e normalmente consisten en derrapar e luxarse. Nas partes rectas dos trazados, as motos deste deporte chegan a alcanzar os 110 km/h.

As orixes exactas deste deporte son descoñecidas pero pénsase que antes da primeira guerra mundial se comezou a correr cun tipo de motos de speedway nos Estados Unidos e en Australia. Agora hai moitas competicións de speedway (ligas nacionais, trofeos internacionais...). Tamén existe a Speedway World Cup que é o mundial do deporte e no que hai grandes premios arredor de todo o mundo. O speedway é moi popular sobre todo en Centroeuropa, no Norte de Europa, en Australia e nos Estados Unidos.


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne