Spice Girls | |
---|---|
Orixe | ![]() |
Período | 1994 - 2000 2007 - presente |
Xénero(s) | Pop, Dance |
Selo(s) discográfico(s) | Virgin Records |
Membros | Victoria Beckham (1994-2000 // 2007 - ) Emma Bunton (1994-2000 // 2007 - ) Melanie C (1994-2000 // 2007 - ) Geri Halliwell (1994-1998 // 2007 - ) Melanie Brown (1994-2000 // 2007 - ) |
Na rede | |
Sitio Oficial | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
As Spice Girls foron un grupo vocal feminino do Reino Unido. Gozaron de grande éxito comercial entre 1996 e 2000, cunhas cifras de vendas que roldan 55 millóns de exemplares vendidos entre discos e sinxelos. Foron tamén coñecidas por popularizar o termo Girl Power. Orixinalmente, o grupo estaba composto por Victoria Adams, Emma Bunton, Melanie Chisholm, Melanie Brown e Geri Halliwell, pero esta última abandonouno en 1998 para continuar coa súa carreira en solitario. As catro restantes continuaron xuntas ata 2000. A partir de entón, cada unha seguiu a súa carreira como solista.
Se ben os alcumes non foron unha idea do grupo, o público aceptounos amplamente.
Unha imaxe coidada e unhas letras feministas (lideraron o Girl Power quinceañeiro) puideron ser algunhas das causas que lles garantiron unha sólida base entre o público adolescente.