"Spoonman" é unha canción da banda estadounidense de grunge Soundgarden, editada como primeiro sinxelo do seu álbum ¡¡Superunknown o 15 de febreiro de 1994. Composta polo seu líder Chris Cornell, "Spoonman" adoita a ser considerada como unha das cancións que lanzaron a carreira de Soundgarden ao mainstream. O tema foi número 3 na lista da Billboard Mainstream Rock Tracks. Unha versión da canción remesturada por Steve Fisk apapece nos sinxelos de "Black Hole Sun" e "My Wave". "Spoonman" foi incluída nos recompilatorios da banda A-Sides e Telephantasm.