Sputnik 2 | |
---|---|
Tipo | Tecnolóxico / científico |
Organización | OKB 1 |
Destino actual | Reentrado na atmosfera.[1] |
Data de lanzamento | 3 de novembro de 1957, 2:30 GMT[1][2][3][4] |
Foguete portador | Sputnik 8K71PS[3][5] |
Sitio de lanzamento | Cosmódromo de Baikonur[3][6] |
Duración da misión | 162 días[6] |
Obxectivo da misión | Segundo satélite artificial, primeiro ser vivo en órbita.[3][6] |
Decaemento | 14 de abril de 1958[1] |
NSSDC ID | 1957-002A |
Masa | 508,3 kg[3] |
Dimensións | Cono de 4 m de altura e diámetro de 2 m na base[5] |
O Sputnik 2 foi a segunda nave espacial posta en órbita ó redor da Terra, ás 19:12h do 3 de novembro de 1957, sendo a primeira nave en órbita en transportar un ser vivo. Era unha cápsula cónica de 4 metros de alto cunha base de 2 metros de diámetro. Contiña varios compartimentos destinados a aloxar transmisores de radio, un sistema de telemetría, unha unidade programábel, un sistema de control de rexeneración e temperatura en cabina e instrumental científico. Nunha cabina selada e separada do resto viaxaba a cadela Laika.
Os datos biolóxicos e de enxeñería transmitíanse mediante o sistema telemétrico Tral_D, que podía enviar datos á Terra durante 15 minutos por cada órbita. A bordo había dous espectrómetros destinados a medir a radiación solar (emisións ultravioleta, raios X) e raios cósmicos). O Sputnik 2 non levaba cámara de televisión.