![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde abril de 2013.) |
Epónimo | Lois IX de Francia ![]() | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Estado | Estados Unidos de América | ||||
Estado federado | Misuri ![]() | ||||
Capital de | |||||
Capital | sen valor ![]() | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 301.578 (2020) ![]() | ||||
Número de fogares | 143.566 (2020) ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Situado na entidade territorial estatística | Greater St. Louis (en) ![]() ![]() ![]() | ||||
Superficie | 171,02625 km² ![]() | ||||
Auga | 6,2465 % (1 de abril de 2010) ![]() | ||||
Bañado por | Río Mississippi ![]() | ||||
Altitude | 149 m ![]() | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Creación | 1764 ![]() | ||||
Organización política | |||||
• Alcaldesa ![]() | Tishaura Jones (2021–) ![]() | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 63101–63113, 63115, 63116–63118, 63120, 63123, 63136, 63137, 63139, 63143, 63147 e 63155 ![]() | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 314 ![]() | ||||
Código de departamento INSEE | 29510 ![]() | ||||
Identificador GNIS | 767557 ![]() | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | San Luis Potosí São Luís do Maranhão Yoqneam (pt) ![]() Donegal Stuttgart (1960–) Suwa (1974–) Lión (1976–) Galway (1977–) Nanjing (1979–) Boloña (1987–) Georgetown (1990–) Samara (1992–) Szczecin (1992–) Wuhan (1994–) Saint-Louis (pt) ![]() Condado de Donegal (1994–) Bogor (pt) ![]() Brčko (2008–) Rosario (2017–) ![]() | ||||
Sitio web | stlouis-mo.gov ![]() | ||||
![]() |
St. Louis (en francés: Saint-Louis ou St-Louis) é unha cidade estadounidense situada na fronteira oriental de Missouri, e é a segunda maior cidade do estado. Cunha poboación de 318 069 en xullo de 2011 foi a 58ª cidade estadounidense en 2010 segundo o Censo dos Estados Unidos. A área estatística combinada (CSA) de Greater St. Louis ten unha poboación de 2 882 932 habitantes e é a 15ª maior do país e a maior en Missouri.
A cidade de St. Louis foi fundada en 1764 por Pierre Laclède e Auguste Chouteau, e despois da compra de Luisiana, converteuse nun importante porto no río Mississippi. A súa poboación expandiuse despois da guerra civil americana, e converteuse na cuarta cidade máis grande dos Estados Unidos no século xix. Separouse de St. Louis County en marzo de 1877, o que permitiu que se convertese nunha cidade independente e que se limitasen as súas fronteiras políticas. En 1904, foi sede da feira mundial e dos Xogos Olímpicos. A poboación da cidade alcanzou o seu punto máximo en 1950, e logo comezou un longo declive que continúa no século XXI.
A economía de St. Louis baséase no servizo, a fabricación, o comercio, o transporte de mercancías e o turismo. A cidade é o fogar de varias corporacións, incluíndo Peabody Energy, Ameren, Ralcorp e Sigma-Aldrich. En St. Louis teñen tres equipos deportivos profesionais: O St. Louis Cardinals, un dos maior éxito da Liga de Béisbol, no hóckey o St. Louis Blues e no fútbol americano o St. Louis Rams. A cidade identifícase de xeito maioritario co arco da entrada, parte do Jefferson National Expansion Memorial no centro de St. Louis.