Stable Diffusion | |
---|---|
![]() Imaxe xerada por Stable Diffusion mediante modelo text-to image. | |
Repositorio | github |
Sitio web | stability |
Stable Diffusion é un modelo de aprendizaxe automática de texto a imaxe publicado no 2022. Desenvolvido por StabilityAI, en colaboración con EleutherAI e LAION [1], para xerar imaxes dixitais a partir de descricións en linguaxe natural introducidas polo usuario. O modelo tamén se pode usar para outras tarefas, como xerar traducións de imaxe a imaxe guiadas por unha solicitude de texto.[2]
Pode funcionar na maioría do hardware de consumo equipado cunha GPU modesta e PC World aclamaba como "a próxima killer app (aplicación asasina) para o teu PC".[3]