Stanley Kubrick

Modelo:BiografíaStanley Kubrick

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento26 de xullo de 1928 Editar o valor en Wikidata
Bronx, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Morte7 de marzo de 1999 Editar o valor en Wikidata (70 anos)
mansión Childwickbury, Reino Unido Editar o valor en Wikidata
Causa da morteinfarto agudo de miocardio Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturamansión Childwickbury Editar o valor en Wikidata
Grupo étnicoXudeus estadounidenses Editar o valor en Wikidata
RelixiónAteísmo Editar o valor en Wikidata
EducaciónCity College de Nova York
William Howard Taft High School Editar o valor en Wikidata
Altura169 cm Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoSala de cinema, dirección de cine e Produción de cinema Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Hollywood Editar o valor en Wikidata
Ocupacióndirector de cinema, cámara, produtor delegado, escenógrafo, realizador, montador, produtor de cinema, guionista, director de fotografía, fotógrafo, produtor Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1951 Editar o valor en Wikidata - 1999 Editar o valor en Wikidata
Membro de
Xénero artísticoFilme de misterio, Cinema de terror, filme de suspense, Cinema negro, cinema de terror psicolóxico, cinema bélico, filme de acción, cinema de aventuras, cinema de suspense psicolóxico, cinema dramático, filme sobre crime, cinema de comedia, cinema de ciencia ficción, filme histórico e documental Editar o valor en Wikidata
Influencias
Deportexadrez Editar o valor en Wikidata
Participou en
24 de xuño de 1977Documenta 6 Editar o valor en Wikidata
Obra
Arquivos en
Familia
CónxuxeChristiane Kubrick (1958–1999)
Ruth Sobotka (1954–1957) Editar o valor en Wikidata
FillosVivian Kubrick
 () Christiane Kubrick Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteGrande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (vol:13 : Конда — Кун, sec:Кубрик Стэнли, p.549-550)
Obálky knih, Editar o valor en Wikidata
Sitio webkubrickfilms.com Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0000040 Allocine: 520 Rottentomatoes: celebrity/stanley_kubrick Allmovie: p98221 TCM: 106014%7C141977 Metacritic: person/stanley-kubrick TV.com: people/stanley-kubrick
BNE: XX1016070 Musicbrainz: 8491e235-3e71-4a1f-b4d0-45012d678cc3 Discogs: 200975 WikiTree: Kubrick-1 Find a Grave: 7016 Editar o valor en Wikidata

Stanley Kubrick, nado o 26 de xullo de 1928 no barrio do Bronx en Nova York (Estados Unidos) e finado o 7 de marzo de 1999 en Hertfordshire (Inglaterra), foi un director de cine, guionista, produtor, director de fotografía e editor de cine estadounidense, nacionalizado británico. que desenvolveu a meirande parte dos seus traballos no Reino Unido. É considerado como un dos mellores cineastas de todos os tempos, as súas películas -case todas elas adaptacións de novelas ou relatos curtos- abarcan varios xéneros e son coñecidas pola súa intensa atención ao detalle, a súa innovadora cinematografía, a súa ampla escenografía e o seu humor negro. Destacou tanto pola súa precisión técnica como pola notable estilización e a profunda carga simbólica das súas películas.[1]

Kubrick creceu no Bronx, Nova York, e asistiu ao William Howard Taft High School de 1941 a 1945. Foi un estudante medio, pero desde moi novo mostrou un gran interese pola literatura, a fotografía e o cine, e comezou a aprender pola súa conta todos os aspectos da produción e a dirección cinematográfica tras graduarse no instituto. Tras traballar como fotógrafo para a revista Look a finais dos anos corenta e principios dos cincuenta, comezou a realizar curtametraxes con orzamentos moi reducidos, e rodou a súa primeira gran película de Hollywood, Atraco perfecto (The Killing), para United Artists en 1956. A esta seguiron dúas colaboracións con Kirk Douglas: a película antibelicista Sendeiros de gloria (Paths of Glory) (1957) e a épica histórica Spartacus' (1960).

As diferenzas creativas derivadas do seu traballo con Douglas e os estudos cinematográficos, a súa aversión pola industria cinematográfica de Hollywood e unha crecente preocupación pola delincuencia nos Estados Unidos levaron a Kubrick a trasladarse ao Reino Unido en 1961, país que abandonou en contadas ocasións durante o resto da súa vida. A súa casa de Childwickbury Manor en Hertfordshire, que compartía coa súa esposa Christiane, converteuse no seu lugar de traballo, onde centralizaba a escritura, investigación, edición e xestión das súas producións. Isto permitiulle ter un control artístico case absoluto sobre as súas películas, coa rara vantaxe do apoio financeiro dos grandes estudos de Hollywood. As súas primeiras producións en Gran Bretaña foron dúas películas con Peter Sellers: Lolita (1962), unha adaptación da novela de Vladimir Nabokov, e a comedia negra da guerra fría Teléfono vermello, voamos cara a Moscova (Dr. Strangelove) (1964).

Un Kubrick perfeccionista, asumiu o control directo da maioría dos aspectos do seu cine, cultivando unha gran pericia na escritura, na montaxe, na cronometraxe, na promoción e na exhibición. Era famoso polo meticuloso coidado que poñía na investigación das súas películas e a posta en escena das escenas, realizadas en estreita coordinación cos seus actores, equipo e outros colaboradores. Con frecuencia pedía varias ducias de repeticións da mesma toma nunha película, algo que a miúdo confundía e frustraba aos seus intérpretes. A pesar da notoriedade que isto provocou entre os actores, moitas das películas de Kubrick abriron novos camiños cinematográficos e hoxe considéranse fitos. O realismo científico e os innovadores efectos especiais da súa epopea de ciencia ficción 2001: Unha odisea do espazo (2001: A Space Odyssey) (1968) non tiñan precedentes na historia do cine, e a película valeulle o seu único Óscar persoal, os Mellores Efectos Visuais. Steven Spielberg referiuse á película como o "big bang" da súa xeración e está considerada como unha das películas máis grandes xamais feitas.

Aínda que moitas das películas de Kubrick foron controvertidas e recibiron críticas dispares ao estrearse -en particular a brutal A laranxa mecánica (A Clockwork Orange) (1971), que Kubrick retirou da circulación no Reino Unido tras un frenesí dos medios masivo-, a maioría foron nomeadas aos Óscar, Globos de Ouro ou BAFTA. e foron revalorizadas pola crítica. Para a película de época do século XVIII Barry Lyndon (1975), Kubrick obtivo unhas lentes desenvoltas por Zeiss para a NASA para filmar escenas á luz das candeas. Coa película de terror The Shining (O resplandor) (1980), converteuse nun dos primeiros directores en utilizar unha steadicam para estabilizar e dar fluidez ás tomas de seguimento, unha tecnoloxía vital para a súa película sobre a guerra de Vietnam Full Metal Jacket (1987). A súa última película, o drama erótico Eyes Wide Shut, terminouna pouco antes de morrer en 1999, aos 70 anos.

Aínda que a súa filmografía non é moi extensa, os seus traballos abranguen gran variedade de xéneros como o bélico, o romántico, a comedia negra, o terror, o cinema épico e a ciencia ficción.

  1. Dirks, Tim. "Greatest Film Directors and Their Best Films" (en inglés). Filmsite. Consultado o 16 de decembro do 2023. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne