Staphylococcus epidermidis | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() Imaxe de microscopio electrónico de varrido de S. epidermidis. | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
'Staphylococcus epidermidis' (Winslow & Winslow 1908) Evans 1916 | |||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||
Staphylococcus albus Rosenbach 1884 |
Staphylococcus epidermidis é unha especie bacteriana grampositiva, unha das arredor de 40 especies pertencentes ao xénero Staphylococcus.[1] Forma parte da flora bacteriana humana normal, normalmente da flora da pel, e máis raramente da flora das mucosas.[2] Aínda que S. epidermidis xeralmente non é patoxénica, as persoas con sistemas inmunitarios inmunocomprometidos están en risco de desenvolver a infección. Estas infeccións adquírense xeralmente en hospitais (infeccións nosocomiais).[3] S. epidermidis é especialmente perigosa para as persoas ás que se lle aplican catéteres ou outros implantes cirúrxicos porque forma biopelículas que crecen sobre estes dispositvos.[4] Como forma parte da flora normal da pel, S. epidermidis é un contaminante frecuente en mostras que se envían para os diagnósticos de laboratorio.[5]