StarCraft | |
---|---|
![]() | |
Desenvolvedor(es) | Blizzard Entertainment |
Distribuidora(s) | Blizzard Entertainment |
Deseñador(es) | Chris Metzen, James Phinney |
Compositor(es) | Derek Duke, Jason Hayes, Glenn Stafford, Tracy W. Bush |
Lanzamento | Windows: 31/03/1998 Mac OS: marzo de 1999 13/06/2000 (América) e 16/06/2000.(Europa) |
Xénero | Estratexia en tempo real |
Modos de xogo | Un xogador e multixogador. |
Clasificación | PEGI ![]() USK ![]() |
Plataforma(s) | Windows, macOS, Nintendo 64. |
Formato(s) | CD-ROM, descarga, cartucho Nintendo 64. |
Serie | StarCraft |
Na rede | |
http://us.blizzard.com/en-us/games/sc/, https://starcraft.com/es-mx/ e https://starcraft.com/ru-ru | |
![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |
StarCraft é un videoxogo de estratexia en tempo real de ciencia ficción desenvolvido e publicado por Blizzard Entertainment, lanzado orixinalmente para Microsoft Windows o 31 de marzo de 1998.[1] Foi o primeiro xogo dentro da serie homónima. Unha versión para macOS foi publicada no 1999, e unha adaptación para a Nintendo 64 desenvolvida en colaboración con Mass Media foi publicada o 13 de xuño do 2000.[2] O traballo neste xogo comezou pouco despois da publicación de Warcraft II: Tides of Darkness en 1995. StarCraft presentouse na E3 de 1996, recibindo nese momento unha comparación desfavorable co Warcraft II. Como resultado, o proxecto foi revisado e axustado por completo, presentándose ó público de novo a comezos de 1997 e obtendo nesta ocasión unha resposta máis positiva.
Ambientado nunha liña temporal ficticia durante o século XXV, o xogo trata sobre a loita pola dominación por parte de tres especies distintas dunha parte da Vía Láctea chamada o "Sector Koprulu". As tres especies son os Terran, humanos exiliados da Terra capaces de adaptarse a moitas situacións, os Zerg, unha especie alieníxena insectoide que procura a perfección xenética e a asimilación doutras especies, e os Protoss, unha especie humanoide con tecnoloxía avanzada e capacidades psiónicas que procura preservar a súa civilización e a súa estrita forma de vida e filosofía perante a ameaza dos Zerg.
Gran parte da prensa especializada enxalzou a StarCraft como un dos mellores e máis importantes videoxogos de tódolos tempos,[3][4] e por ter marcado un estándar no desenvolvemento dos xogos de estratexia en tempo real.[5] Con máis de 11 millóns de copias vendidas en todo o mundo a data de febreiro do 2009, StarCraft converteuse nun dos videoxogos para ordenador persoal máis vendidos da historia.[6] O xogo recibiu críticas positivas por ser pioneiro no uso de faccións únicas dentro da mecánica de xogo da estratexia en tempo real,[7] así como por posuír unha historia cativadora.[8] O modo multixogador de StarCraft fíxose particularmente popular en Corea do Sur, onde xogadores e equipos organizados participaron en competicións profesionais, con patrocinios e torneos televisados.[9] A historia de StarCraft foi adaptada e expandida por medio de varias novelas, da súa expansión oficial StarCraft: Brood War e por dúas expansións menores de terceiros autorizadas por Blizzard. A súa continuación titulada StarCraft II: Wings of Liberty foi publicada en xullo do 2010.
<ref>
non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome Edge
<ref>
non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome GspotAward
<ref>
non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome ignr
<ref>
non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome GSpot
<ref>
non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome pop