Stefan Brockhoff é un pseudónimo usado colectivamente por un grupo de tres co-autores alemáns de varias novelas policiais [1]: Dieter Cunz (1910–1969), Richard Plant (1910–1998) e Oskar Seidlin (1911–1984).
Os tres teñen varias características comúns: naceron en Alemaña na mesma época, convertéronse en refuxiados por mor do nazismo, e acabaron vivindo nos Estados Unidos. Amais, para os tres a escritura de novelas de detectives era unha vocación de mocidade, se ben os seus principais intereses e actividades posteriores foron distintos.